Do 25 ao 28 de xuño e o 4 de xullo celebrarase nas rúas de Compostela Prima20, a aposta do Concello para reactivar o comercio local e recuperar para a cidadanía as rúas de Santiago na volta á “nova normalidade”. Serán cinco xornadas cheas de actividades, para as que haberá que reservar mediante cita previa, co obxecto de controlar aforos e así garantir as distancias de seguridade.
A variedade da programación, que incluirá animación de rúa e actividades para todos os públicos en diversas zonas da cidade: Santa Marta, praza da Mercé de Conxo, parque Eugenio Granell, Alameda, Praza da Constitución, Parque de Galeras, Praza de Cervantes, parque da Música, Vite, San Pedro, praza da Quintana, Romaño, xardín do Pazo de Amarante, praza Roxa, Colexiata do Sar e Área Central.
Maxia, contacontos, teatro, monicreques, música, circo, pasarrúas ou danza son algunhas das disciplinas incluídas no programa, que se completará con obradoiros de orfebrería, repuxado de prata e talla de acibeche.
Coa intención de manter a seguridade e garantir o control de aforo é preciso reservar previamente de forma gratuíta as entradas mediante esta web.
O Concello de Santiago de Compostela realizará un control de accesos específico, en base a un plan de continxencias elaborado pola situación derivada da COVID-19, para cada un dos espazos públicos onde se celebrarán as actividades.
Para ver os próximos días da programación preme no vindeiro día.