Programación especial
Venres 11 e sábado 12 de xuño de 2021

Consulta o programa de Zona Vella Ensanche

A festa do comercio local de Santiago

Shopping e paseo por Santiago

Celebrarase nas rúas de Compostela o durante todos os fines de semana de xuño de 2021.

Serán xornadas cheas de actividades culturais ao aire libre en diversos barrios da cidade.

Non é precisa reserva previa para asistir as actividades.

RESUMO PROGRAMACIÓN:

VENRES 11

ITINERANTE ZONA VELLA – ENSANCHE:

BRASSICA RAPA 18:00 – 20:00H

ITINERANTE ENSANCHE – ZONA VELLA:

TRÓPICO DE GRELOS 18:00 – 20:00H

SÁBADO 12

ITINERANTE ENSANCHE – ZONA VELLA

TATARÁ TRÍO E OS PAPAMOSCAS 12:00 – 14:00 H

CONCERTO PRAZA ROXA:

OIMA 19:00H

DJ PRAZA DE CERVANTES:

RUSSINHA 18:00H

Venres 11 de xuño

Ensanche e Zona Vella

  • TRÓPICO DE GRELOS
    18:00 h

    Espectáculo itinerante pola Zona Vella.

    Venres 11 de xuño, de 18:00 a 20:00 h

    A asociación cultural Trópico de Grelos é o resultado do traballo dun conxunto de persoas amantes da percusión afrobrasileira que, a súa vez, é o xerme dunha pluralidade de proxectos relacionados coa música. En todos eles, participa xente nova que busca animar o seu tempo de lecer con ritmo, traballo en equipo e a vontade de crear un entorno agradable para poder realizar ensaios e, máis tarde, os seus correspondentes espectáculos en directo.

    ITINERARIOInicio: Praza Roxa – Montero Ríos – Alfreo Brañas – Xeneral Pardiñas – Praza do Toural – Mazarelos – Fin: Praza de Cervantes
    CategoríaANIMACIÓN MUSICAL
    DATA e horaVenres 11 de xuño de 2021, 18:00 – 20:00 h
  • BRASSICA RAPA
    18:00 h

    Espectáculo itinerante polo Ensache.

    Venres 11 de xuño, de 18:00 a 20:00 h

    Brassica Rapa ofrecen un espectáculo moi variado que mestura música instrumental e vogal coa multipercusión. O seu repertorio vai de grandes éxitos do pop á música tradicional galega, pasando por temas máis jazz, música actual reivindicativa ou bandas sonoras de películas. Recollen sobre todo influencias das brass bands neoiorquinas, pero tamén das big bands ou das charangas tradicionais.

    ITINERARIOInicio: Praza de San Roque – Praza de Cervantes – Rúa Fonte Sequelo – Rúa Nova – Praza do Toural – Xeneral Pardiñas – Alfredo Brañas – Fin: Praza Roxa
    CategoríaANIMACIÓN MUSICAL
    DATA e horaVenres 11 de xuño de 2021, 18:00 – 20:00 h

Sábado 12 de xuño

Ensanche e Zona Vella

  • TÁTARA TRÍO E OS PAPAMOSCAS
    12:00 h

    Espectáculo itinerante pola Zona Vella.

    Sábado 12 de xuño, ás 12:00 h.

    Tátara Trío é o novo proxecto do músico Pablo Díaz. Un trío á procura de novas sonoridades para a música tradicional e o folk galego con Pablo Díaz á gaita, clarinete e percusión; con Alex Fente no acordeón e Fernando Docampo no violín, gaita ou percusións. Nesta ocasión en formato pasarrúas e acompañados dos xigantes ‘Os Papamoscas’ creados por Paporrubio Teatro.

    itinerarioInicio: Praza de Cervantes – Abastos – Mazarelos – Praza do Toural – Xeneral Pardiñas – Montero Ríos – Fin: Praza Roxa
    CategoríaANIMACIÓN MUSICAL E ESCÉNICA
    DATA e horaSábado 12 de xuño de 2021, 12:00 – 14:00 h. 

  • RUSSINHA DJ
    18:00 h

    DJ na Praza de Cervantes

    Sábado 12 de xuño, ás 18:00 h.

    Russinha, nome artístico da dj Marta Gilino, é un proxecto consolidado na escena galega. Defínese como pesquisadora musical, coa música como denominador común e a raíz en Compostela.

    LocalizaciónPraza de Cervantes
    CategoríaConcerto DJ
    DATA e horaSábado 12 de xuño de 2021, de 18:00 h. a 20:30 h. 
  • OIMA
    19:00 h

    Concerto na Praza Roxa.

    Sábado 12 de xuño, ás 19:00 h.

    Oîma é un trío de músicas para baile de tradición galega e europea formado por Antía Ameixeiras (violín), Olalla Liñares (clarinete) e Martiño Senande (acordeón diatónico). Oîma é unha proposta musical concibida tanto para escoitar como para botarse a bailar. A través deses tres instrumentos achégannos música tradicional e tamén de composición propia, ligando os ritmos galegos (muiñeira, xota, pasodobre, valse) cos doutras latitudes (chapeloise, scottish, bourrée, rachenitsa)

    LocalizaciónPraza Roxa
    CategoríaCONCERTO
    DATA e horaSábado 12 de xuño de 2021, 19:00 h.