Programación especial última fin de semana de xuño
Venres 25 e sábado 26 de xuño de 2021

Consulta o programa de Zona Vella Ensanche

A festa do comercio local de Santiago

Shopping e paseo por Santiago

Celebrarase nas rúas de Compostela o durante todos os fines de semana de xuño de 2021.

Serán xornadas cheas de actividades culturais ao aire libre en diversos barrios da cidade.

Non é precisa reserva previa para asistir as actividades.

RESUMO PROGRAMACIÓN:

VENRES 25

ITINERANTE ENSANCHE – ZONA VELLA:
DE NINGHURES 18:00 – 20:00H

CONCERTO PRAZA ROXA: ALO DJANGÓ 19:30H

DJ PRAZA DE CERVANTES: SAYA 19:00 – 21:00
DJ PRAZA DE SANTO AGOSTIÑO: MANUELE TREMENDO 19:00 – 21:00H

SÁBADO 26

ITINERANTE ENSANCHE
THE TURRE´S BAND 12:00 – 14:00 H

ITINERANTE ZONA VELLA
OS CARUNCHOS 12:00 – 14:00 H

Venres 25 de xuño

Ensanche e Zona Vella

  • DE NINGHURES
    18:00 h

    Espectáculo itinerante pola Zona Vella e o ensanche.

    Venres 25 de xuño, de 18:00 a 20:00 h

    De Ninghures é cada un dos recunchos do noso país, é as súas orixes. Compartir e gozar da cultura tradicional e a lingua, achegalas aos novos tempos sen deixala en terra de ninguén, sen ser de ningures. A banda, que aínda que con músicos de diferentes lugares se formou en Compostela, gañou en 2019 o certame de Novos Valores do Fesigal pola súa calidade artística e orixinalidade.

    ITINERARIOPraza de Cervantes – Preguntoiro – Mazarelos – Orfas – Rúa Nova – Rúa do Vilar – Toural – Carreira do Conde – Xeneral Pardiñas
    CategoríaANIMACIÓN MUSICAL
    DATA e horaVenres 25 de xuño de 2021, 18:00 – 20:00 h
  • ALO DJANGÓ
    19:30 h

    Concerto na Praza Roxa.

    Venres 25 de xuño ás 19:30 h.

    Aló Django é un proxecto galego que busca a inspiración no jazz e na música dos xitanos “manouche” centroeuropeos: o chamado gypsy swing, un estilo, lírico, alegre e acústico cuxo máximo representante é o mítico guitarrista Django Reinhardt. Unha formación de músicos con ampla traxectoria e recoñecemetno e un concerto con moito swing e humor.

    LocalizaciónPraza Roxa
    CategoríaCONCERTO
    DATA e horaVenres 25 de xuño de 2021, 19:30 h.
  • SAYA DJ
    19:00 h

    Sesión DJ na Praza de Cervantes

    Vernes 25 de xuño de 19:00h a 21:00h.

    As músicas do mundo no centro da sesión da artista nacida en Compostela no ano 90 e de orixe palestina. Saya Mohamed ten xa unha ampla traxectoria como dj na cidade sendo residente en locais coma A Radio ou o Paraíso Perdido e tamén pinchando en diferentes programacións. Nas súas sesións aposta por mesturar son árabes, áfricanos ou da lusofonía.

    LocalizaciónPraza de Cervantes
    CategoríaDJ
    DATA e horaVenres 25 de xuño, de 19:00h a 21:00h.
  • DJ MANUELE TREMENDO
    19:00 h

    Sesión DJ na Praza de Santo Agostiño

    Vernes 25 de xuño de 19:00h a 21:00h.

    Manuele Tremendo é un dj habitual das programacións compostelás. En diferentes locais da cidade e en eventos coma as Noitinhas do NH ou o Mercado da Estrela. O artista de Sigüeiro tamén é cantante en Familia Caamagno e responsable de Tremendo Audiovisual, marca da súa labor en produción de eventos culturais, booking e management. Nas súas sesións fainos bailar a ritmo de R’n’R, garage, punk… cunha consciente atención á música en galego.

    LocalizaciónPraza de Santo Agostiño
    CategoríaDJ
    DATA e horaVenres 25 de xuño, de 19:00h a 21:00h.

Sábado 26 de xuño

Ensanche e Zona Vella

  • THE TURRE´S BAND
    12:00 h

    Espectáculo itinerante pola Zona Vella e o ensanche.

    Sábado 26 de xuño, de 12:00 a 14:00 h.

    Tanto se é enriba dun escenario como en formato pasarrúas a Turre`s band son a alegría da festa. Formación de vento e percusión cun repertorio que bebe do blues, do ska, da verbena, da música balcánica… Veñen de publicar disco, “Zapatilla”, que reúne 19 temazos para celebrar estes 20 anos que levan dando festa e facéndonos desgastar zapato en cada actuación.

    itinerarioCarreira do Conde – Xeneral Pardiñas – A Rosa – Fernando III – San Pedro de Mezonzo Praza Roxa – Santiago del Estero – Rúa Nova de Abaixo – Praza de Vigo
    CategoríaANIMACIÓN DE RÚA
    DATA e horaSábado 26 de xuño de 2021, 12:00 – 14:00 h. 

  • OS CARUNCHOS
    12:00 h

    Espectáculo itinerante pola Zona Vella e o ensanche.

    Sábado 26 de xuño, de 12:00 a 14:00 h.

    Nace o grupo a finais de 1994 coa idea de mesturar temas cantados co repertorio de gaiteiros solistas, conseguindo naquel momento unha formación nova e orixinal coa que Os Carunchos participan nos máis importantes festivais folk do país. Gaita solista, percusións varias, polifonía nas voces e o acompañamento da zanfona, xunto con vellas e novas cantigas tan que os directos de Os Carunchos sexan unha verdadeira festa chea de forza e diversión.

    itinerarioPraza de San Roque – Algalia de Arriba – Praza de Cervantes – Preguntoiro – Abastos – Mazarelos – Orfas – Rúa Nova – Rúa do Vilar – Toural – Porta Faxeira
    CategoríaANIMACIÓN DE RÚA
    DATA e horaSábado 26 de xuño de 2021, 12:00 – 14:00 h.